RUMBOIA 107: Tanto Nos Ten – Cortando Fíos – 2019 (12:07)

Programa: 
Sonsdenós

Un total de tres traballos constitúen a produción discográfica de Tanto Nos Ten. O seu terceiro disco, Cortando Fíos, foi publicado no ano 2019 cun total de 14 temas e coa intervención , como integrantes de TNT, de: Natalia Gómez, Alberto Sánchez, Adrián Lareo, Manuel Cruces, Josinho da Teixeira e Yoli Neira. Previamente, TNT xa tiñan publicado, en 2013, Tanto Nos Ten; e, en 2014, Entre Néboas. Cualifican o xénero que practican como “música tradicional furtiva” e son auténtico detonante da festa alí onde tocan e cantan. O traballo Cortando Fíos pretende ser un apoio a todxs aquelxs represaliadxs polo seu xeito de expresividade cultural, que deixa en evidencia a realidade na que vivimos.