RUMBOIA 109: Matto Congrio – Matto Congrio – 1993

Programa: 
Rumboia

Un único disco foi o legado de Matto Congrio, un proxecto que desbordaba inxenio musical e que no ano 1993 editaron un traballo discográfico gravado entre Dublín e Madrid no que participou, tamén, o lider de The Chieftains, Paddy Moloney. Matto Congrio desapareceu e derivou, por unha banda, no traballo unipersoal de Carlos Núñez e por outro lado, na aparición dunha banda que sería auténtico referente da música galega: Berrogüetto. Na súa breve história, Matto Congrio estivo formado por Pancho Álvarez, Isaac Palacín, Diego Bouzón, Anxo Pintos, Santiago Cribeiro e Carlos Núñez. Reiterpretacións frescas de temas tradicionais e algunha creación foi o legado que Matto Congrio aportou na súa única gravación.