RUMBOIA 114: Brisas do río Ulla – 2009

Programa: 
Rumboia

O grupo Brisas do río Ulla foi fundado por Agustín Lorenzo Loroño, "O ghaiteiro de Catoira", en 1928. A partir de entón e ata a súa morte, ocorrida no transcurso dunha alborada na súa propia vila en setembro do 1997, a música deste gaiteiro acompañou o decorrer das augas do río que dá nome ao seu grupo. Tras a súa morte, o seu fillo Agustín continuou co grupo de xeito activo ata os nosos días. Esta gravación foi feita en estudio nos anos 2008 e 2009, pola formación de Brisas do Río Ulla que continúa, xa no s.XXI, o labor emprendido polo seu fundador, nacido case cen anos atrás.