RUMBOIA 116: Ialma – Nova Era - 2007

Programa: 
Rumboia

Ialma é un quinteto feminino. As súas integrantes, afincadas en Bélxica, interpretan temas tradicionais facendo adaptacións aos seu propio estilo.O seu primeiro disco foi Palabras darei (2000), que foi seguido de Marmuladas (2002), no ano 2007 gravaron o traballo do que é obxecto este programa da Rumboia: Nova Era,os seguintes traballos serían Simbiose (2011) e Camiño (2016).O grupo Ialma está composto por Verónica Codesal, Magali Menéndez, Natalia Codesal e Marisol Palomo. Nos directos contan tamén con Didier Laloy ao acordeón diatónico e Quentin Dujardin na guitarra e dirección artística, que tamén é o responsable da produción e dos arranxos do disco.