RUMBOIA 117: Caldo – Caldo – 2019

Programa: 
Rumboia

María Jorge, Pedro Fariñas e Anaïs Barbier forma o trío Caldo. Contan, ata o momento, cun único traballo discográfico gravado ao vivo no outono de 2018. O traballo foi enfocado na área de Mosoco e, especificamente, no repertorio voal cas irmás Garrido: Rosa e Aída. Contaron coa colaboración de Xisco Feijoo e Anaïs Barbier na voz e pandeireta. Un dos obxectivos do grupo é buscar a equidade entre os diferentes instrumentos, por esto o seu disco foi gravado en directo buscando a relación orgánica e natural entre eles. Pedro Fariñas ten grande traxectoria na música tradicional e folk como gaiteiro sendo, neste disco, o responsable de arranxos e armonizacións a través da guitarra. María Jorge, violinista que ten feito parte de diferentes bandas e proxectos musicais.