RUMBOIA 119: Beladona – Bicos do Sol 2000 (

Programa: 
Rumboia

Grupo creado en Vigo no 1993 chegou a editar, naquela época, dous traballos discográficos, Para brincar no rueiro (Edicións do Cumio, 1996) compartido cos grupos Ardentía e Crema de Gaita e Bicos de sol (Zouma Records, 2000), disco onde Fran Gómez, Jorge Juncal, Javier Abad xunto a Xosé Liz e Daniel Vilar, que compaxinaban Beladona coa pertenza ao grupo folc-rock Salterium máis a voz de Elena Paz despregaron toda a súa calidade. O disco contou ademais coa colaboración do programador Iván Laxe, ex-compoñente dos grupos Nordés e Skornabois. Porén, o proxecto non callou e o grupo desfíxose, continuando os seus compoñentes a súa andaina por camiños diferentes. No ano 2011 Beladona xuntaríase de novo, cun menor número de compoñentes, e editaría o seu, ata agora último traballo, Branco Roto.