RUMBOIA 127: Irtio – Mar de Pedra

Programa: 
Rumboia

Irtio nace a finais da década dos 90 e en pouco tempo convírtese nunha das bandas máis prometedoras e vangardistas da música tradicional galega. Non será ata o ano 2003, cando Irtio publique o seu primeiro traballo en solitario, Mar de Pedra. Gravado nos estudios Casa de Tolos, con Isaac Palacín e Segundo Grandío como técnicos de son, con colaboracións salientables como as de Anxo Pintos, Uxía ou o mesmo Isaac Palacín, e masterizado nos EE.UU. por un dos enxeñeiros de son máis prestixioso do mundo, Bob Katz, Mar de Pedra supuxo a confirmación definitiva da interesante proposta musical de Irtio. No ano 2010 gravarían o seu segundo traballo discográfico Vórtice. Cunha formación máis asentada e experimentada, aínda que cunha liña de traballo e procedementos similares a Mar de Pedra, Irtio incorpora unha novidade substancial: a voz masculina de Rodrigo Cuevas.