RUMBOIA 128: Pesdelán – Na punta do Pé – 2010

Programa: 
Rumboia

O grupo Pesdelán xorde no ano 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal. O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido. No ano 2010 publican o seu primerio traballo discográfico “Na punta do pe”, un obxectivo moi claro: que o público baile!
Pesdelán é moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas. Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade: substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.