RUMBOIA 130:Tromentelos – Folk de velcro – 2014

Programa: 
Rumboia

O grupo Tromentelos nace en Melide no ano 2005 como quinteto de música tradicional galega. Co paso do tempo van incorporándose novos instrumentos como saxo, guitarra, baixo e batería, e o grupo evoluciona cara a un estilo de música folk, pero sempre conservando as súas raíces. Tras levar varios anos de experimentacion, Tromentelos atopa a fórmula adecuada que expresa as súas inquietudes e reflexa o seu gusto polo ecléptico, e é así como no ao 2014 ve a luz o seu traballo discográfico “Folk de Velcro”. A música de Tromentelos identifícaos como músicos galegos, que fan música galega, con numerosas inclusións, pero cunha base moi clara e que aparece en todos os seus temas.