RUMBOIA 134: Banda de música cultural de Salceda – De Tradición con Suso Vaamonde

Programa: 
Rumboia

De Tradición con Suso Vaamonde xurde dunha idea de Juan Lois Diéguez, Director Titular da banda e Suso Vaamonde, músico e intérprete de todo o que teña que ver con instrumentos populares galegos.

 

De Tradición“ trátase dunha das simbioses máis antigas que se teñen dado no país; a de combinar instrumentos propios das bandas de música con instrumentos populares galegos. Neste traballo atopamos tanto obras populares, como de autor, todas elas dun marcado carácter tradicional. Ao groso da banda de música, engádeselle, en cada tema, diferentes instrumentos da tradición musical popular galega, interpretados por Suso Vaamonde