ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O grupo Pandeiromus, da os seus primeiros pasos en 1992, e dende aquela dedicouse a percorrer Galicia escoitando historias, retendo melodías, cantando cancións e, en definitiva, recollendo a nosa tradición musical.
Desde sempre, os membros de Pandeiromus, sentíronse atraídos pola tradición oral, sobre todo pola que estaba asociada con melodías que atraían o seu ánimo. No ano 1999 ve a luz o seu traballo discográfico en conserva, un disco onde o grupo canta ao vivo, acompañados por instrumentos de percusións como pandeiretas, pandeiros e distintos obxectos como latas de carburo ou de pementón...
Con todo o material recollido e traballado ao longo dos anos, o grupo Pandeiromus foi conformando un amplo repertorio que amosa en cada un dos seus discos e concertos, nos que podemos coñecer o seu talento vocal e instrumental.