ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ghaveta é unha formación de cuarteto acústico que fai música galega de raíz. O seu particular son chegará a mergullarte nun universo tímbrico cheo de ritmo, harmonía e sentimento.
Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (bouzouki e guitarra), Felipe Rodicio (violín) e Marta Martínez (voz, percusións e bouzouki) crearon Ghaveta en 2013. Logo de madurar o proxecto en numerosos concertos, gravan “Disque” en 2015, Un traballo composto por muiñeiras, xotas, pasodobres e cantos de traballo que conversan, en ocasións, con novas composicións e ritmos.
Xa en 2020 publican "A raíz do pensamento", o traballo ao que hoxe adicamos a Rumboia. Un traballo feito devagar, froito de todos estos anos de ensaios e concertos.
A raíz do pensamento, traspasa fronteiras e lindes nos que atoparas pequenas sorpresas e matices, que darán unha nova vida as nosas fermosas músicas.
En Ghaveta, corda, voz e percusión conxugarán de tódalas posibles maneiras na búsqueda da emoción e o ritmo, do baile e a frescura, unha conexión directa na que todas sexamos completamente partícipes dos directos.