Rumboia 147 – Cantigas e Agarimos – O Corazón aberto (2018)(13:11)

Programa: 
Rumboia

A Agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela tivo os seus inicios na Coral Queixumes dos Pinos. No ano 1921 pasou a ter a actual denominación e é unha das agrupacións históricas do folclore de galego.

Hoxe en día, Cantigas e Agarimos busca achegar ao público toda a bagaxe das tradicións que configuran o sentir do noso pobo, articulando un espectáculo de calidade, no que tenta trasladar no tempo ao espectador, levándoo nunha viaxe imaxinaria polas nosas raizames.

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos está composta por máis de 80 membros, distribuídos nas seguintes sección: Coro, Baile, Pandeireta e Instrumental.

“O corazón aberto” é o último traballo discográfico de Cantigas e Agarimos. Inclúe catorce temas de tres das seccións que conforman a agrupación: coro, instrumental e pandeireteiras. Son todas pezas tradicionais que foron extraídas do extenso arquivo de Cantigas. O disco está dedicado á memoria de Luís Porteiro Garea ao cumprirse cen anos do seu falecemento.