ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Felisa Segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira (Pepe de Calo), tres músicos de fonda traxectoria no eido da música tradicional, son os impulsores do proxecto Tres Pesos.
Tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais, con centos de horas sobre o escenario e miles fóra del, soñando coa nosa música, coa nosa tradición.
Nesta Rumboia presentamos o seu segundo traballo discográfico, 'De cando os animais cantaban'. Un disco que pretende ser unha reivindicación da actualidade de música tradicional e no que se inclúen unha ducia de pezas que amosan a forza rítmica desta música.
Mais de 40 minutos nos que Tres Pesos inclúen pandeiros, pandeiras, bombos, pandeiretas ou culleres ás que acompañan do acordeón, o clarinete e a gaita.