RUMBOIA 34: SonDeSeu

Programa: 
Rumboia

SonDeSeu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada. Sondeseu naceu no ano 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, hoxe E-Trad, Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo. Dende entón leva unha traxectoria ascendente con cinco publicacións discográficas e numerosos recoñecementos públicos. > foi o seu primeiro traballo discográfico editado no ano 2007.