RUMBOIA 44: Sobre Rodas – Sobre Rodas

Programa: 
Rumboia

Sobre Rodas son dous músicos que levan dende o ano 2006 con esta formación, interpretan repertorio popular e propio baseado en cancións con acompañamento de zanfona, ao xeito no que se interpretaba a música para este instrumento até principios do século XX. Luis Correa “O Carucho” (Vigo) é un referente no mundo da música popular en Galiza, revitalizando a interpretación de vellos romances. Carlos do Viso (Soutomaior) é un dos artesáns de zanfonas e de percusión tradicional con máis traxectoria de Galiza. O seu primeiro disco foi editado en xuño do ano 2012 e levar por nome Sobre Rodas