RUMBOIA 46

Programa: 
Rumboia

Lizgairo é unha palabra galega que designa unha persoa con mente áxil i enxeñosa. Pero musicalmente falando, Lizgairo é unha concepción orixinal e criativa que nace de conxugar as melodías da tradición oral con tres instrumentos tan pouco usuais neste eido como son a arpa, a zanfona e o bozouqui. E, ao mando deses co garante dun trío de persoeiros referenciais na música galega contemporánea: Xosé Liz, Anxo Pintos e Rodrígo Romaní. A ópera prima do trío Lizgairo, Diacronías, (Falcatruada, 2008) gañou o VIII Premio Opinión no apartado de folk.