RUMBOIA 49: MUXICAS – O Colo do Vento

Programa: 
Rumboia

Muxicas foi un dos grupos con máis relevancia na historia sonora do país. Formados en 1978, debutaron co álbum Parolada en 1982. O colo do vento editado en 1996 recolle temas míticos do grupo. Ao longo de vinte anos de historia, Muxicas integrou na súa formación a varios homes e mulleres que deixaron pegada nas gravacións realizadas pola banda. Coa súa aparición e xeito novidoso de empregar os instrumentos que utilizou por primeira vez gaitas en distintas tonalidades xunto a zanfonas, birimbaos e unha longo lista de instrumentos de percusión tradicionais.