RUMBOIA 54: ZURRUMALLA – Camiño por ti 

Programa: 
Rumboia

Zurrumalla naceu como grupo alá por febreiro do ano 2.000. Unha formación que consegue facer de cada actuación unha festa; cun estilo musical baseado no tradicional mais próximo a un folk propio,achegan composicións e arranxos que fan as ledicias do público. Recollendo os seus primeiros once anos de percorrido, Zurrumalla edita un traballo discográfico en dous CDs, que inclúe un repertorio de vintecinco pezas titulado “O que había e… O que hai” no 2011. No ano 2016 editan o seu, ata agora, último traballo que leva por título Camiño por ti.