RUMBOIA 55: QUEMPALLOU – Estremonías 

Programa: 
Rumboia

Quempallou foi un grupo mítico do folk galego formado por músicos do Incio e das Rías Baixas fundado na primavera de 1999 e disolto no outono de 2016.Estremonías e o segundo dun total de sete traballos discográficos que, sen dúbida, forman parte da historia da música galega. Quemapallou foi capaz de provocar a emoción nos seus concertos e de contaxiar parte da súa música a moitos grupos que hoxe tocan os seus temas en seráns e foliadas. Quempallou pódese gabar de facer dos seus concertos unha festa rachada.