ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pallamallada é un grupo tradicional das terras da Arousa. Creado a mediados dos anos oitenta, presentou o seu primeiro traballo en 1989,Porque non hei cantare(Tecnosaga, 1989), cun repertorio baseado nas pezas tradicionais que o propio grupo foi recollendo cos anos ao longo da xeografía galega. Esta liña mantense nas seguintes achegas discográficas de Pallamallada:Na seitura do Barroso(Ed. do Cumio, 1994) e Caloeiriña das Bouzas (Ed. do Cumio, 1997), onde para alén da instrumentación típica do cuarteto tradicional, gaitas e percusión, engaden outros instrumentos coma zanfona, clarinete ou acordeón; ademais, un fato de pandeireteiras forman parte do grupo dende os seus comezos, sendo unha das formacións pioneiras en as incorporar no folk contemporáneo.