RUMBOIA 64: Sra. Carmem – Na flor dos meus anos

Programa: 
Sonsdenós

Carmen Pérez Navazal, máis coñecida como a Señora Carmen, subiuse por primeira vez a un escenario cando xa pasaba dos 70 anos. Esta aventura comezou cun curso de canto popular, impartido por Uxía ás mulleres de Mos, de onde xurdiu Malvela, un grupo de cantareiras que editou o seu primeiro traballo en 2002. Publicado en 2007, o disco-libro-dvd 'Na flor dos meus anos supuxo o seu primeiro álbum en solitario, xa con 82 anos. O cd contén 11 cancións nas que se escoita o pálpito do corazón da Señora Carmen ao ritmo das melodías que vai debullando con mestría e onde nos conta a súa vida dun xeito íntimo, mergullándose na Galicia que viviu de nena en claro contraste coa actual que latexa nos arranxos contemporáneos do disco.