RUMBOIA 66: Lume – Folk Express- 2006

Programa: 
Rumboia

Once temas conforman o novo traballo do quinteto Lume publicado no ano 2006 por Zouma Records.“Folk express" é o segundo disco da formación e nel aseguran non perder “o sabor orixinal” do seu concepto musical. Cinco músicos curtidos en grupos como Mutenrohi, Quempallou, Cinnamon Gum, Kerkennai ou tocando con Cristina Pato conforman esta banda, eles son: David González Outumuro na percusión; Roi Maceda, acordeonista; Carlos Campo Seijo no Violín; Diego Fortes a cargo de gaita e frauta e Juan Carlos Fernández Fasero na guitarra acústica.