RUMBOIA 79: Ghaita de Pedra - Nekiño

Programa: 
Rumboia

Nekiño foi o título do primeiro traballo discográfico co que a banda Ghaita Depedra presentouse en directo, o 25 de abril do ano 2009, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. A banda estará acompañada sobre o escenario dalgúns dos músicos que participaron na gravación do disco e de Proxectodanza.com, un grupo de baile integrado por Xabi Iglesias, Lis Latas, Ana Novoa e Belén López.
Nekiño foi gravado nos estudios Abrigueiro de Friol, por Arturo Vaquero entre os meses de agosto de 2008 e marzo de 2009, e contou coa colaboración de artistas destacados do mundo do folk e a música tradicional, entre eles, Anxo Pintos, Iván Costa, Begoña Riobó, Julio Abal e Antón Méndez.