RUMBOIA 80: A Subela – Con zocas novas

Programa: 
Rumboia

Entre as numerosas iniciativas que impulsa o Liceo de Noia, está a creación do grupo de música tradicional A Subela. Unha fermosa presentación estética envolve ao disco que contén 13 temas gravados e editados no ano 2019 baixo o título Con zocas novas. Este traballo discográfico foi feito baixo a dirección de Felisa Segade e grazas aos arranxos e composicións de Juan Parga. Moitos dos temas que aparecen neste cd tamén foron recollidos do cancioneiro popular de varias parroquias do Concello de Rois que realizou Clodio González Pérez, coa colaboración de alumnado do Colexio Público de Urdilde no ano 1985.