RUMBOIA 83: Budiño - Paralaia

Programa: 
Rumboia

En 1996 presenta,Xosé Manuel Budiño, o seu proxecto en solitario liderando a súa propia banda, coa que edita o seu primeiro traballo Paralaia no ano 1997. En outubro de 1997 o disco Paralaia de Budiño foi elexido pola revista londinense "Folk Roots" (unha das máis prestixiosas revistas musicais do mundo) coma un dos cinco mellores discos do mes. A partir dese momento, e ata 2019, un total de 6 traballos discográficos recollen o bon facer deste gaiteiro de Moaña. Budiño iniciouse coa gaita na escola de gaitas "Semente Nova" de Moaña. Participou da banda de gaitas "Xarabal", e en 1991 fundou o grupo "Fol de Niu" colaborando posteriormente con diversas bandas.