ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Logo de once anos xuntos, o grupo Alvariza publicou no ano 2012 o seu traballo discográfico:Once Badaladas un disco no que interpretan outros tantos temas como os que define o propio titulo. Temas tradicionais reinterpretados con instrumentos como o acordeón, a gaita, o clarinete ou o saxo mestúranse con composicións propias dos membros do grupo, mantendo un estilo rítmico e festeiro que inclúe boleros, ritmos ou jotas. Entre outros temas, atopamos pezas rescatadas de grupos como os Padernes, os Monfortinos ou os irmáns Lamas. Alvariza estaba formado naquel momento por: Xosé Manuel Cebeiro Fernández, bombo; Manuel Edreira Buela, caixa, tamboril; Anxo Rodeiro Francisco, gaita; Roberto Sánchez Barreiro, clarinete; Miguel González Rodríguez, clarinete; Manuel Cebeiro Fernández, saxo.