RUMBOIA 86: Cantadeiras do Berbés – A Roupa do Mariñeiro

Programa: 
Rumboia

Grupo formado por oito mulleres e un mozo, Cantadeiras do Berbés, xurde no ano 1993 tras un cursiño de cantos populares organizado pola asociación Casco Vello, unha das asociacións culturais máis importantes de Vigo. Dende aquela publicaron tres traballos discográficos rescatando vellos temas mariñeiros, cantos de taberna e outras pezas da música popular que acompañan con acordeón, percusión e gaita. O primeiro dos discos levou por nome A Roupa do Mariñeiro e foi editado no ano 1996 por Edicións do Cumio. Este grupo reivindicaba o espíritu do Berbés, que foi barrio típico de pescadores, a onde antes chegaba o mar agora hai prazas e edificios de formigón.