RUMBOIA 87: Cántigas e Frores – 70 anos

Programa: 
Rumboia

A asociación cultural Cántigas e Frores foi creada no ano 1948 como unión das agrupacións “Frores e Silveiras” e “Cantigas e Aturuxos”. Dende esta época a Asociación Cultural “Cantigas e Frores” estivo e está vencellada dinamización da vida cultural lucense. No ano 2018 editan o libro-disco 70 anos para conmemorar este aniversario. A gravación foi feita polas diferentes formacións que compoñen a parte música de Cántigas e Frores: Banda de Gaitas, Murga, Coro Galego e os Grupos de Cantareiros e de Cantareiras. O libro disco recolle unha mostra de temas do repertorio que Cántigas e Frores acumulou nas diferentes etapas, ademais dunha importante colección fotográfica e información sobre a historia desta agrupación lucense.