RUMBOIA 91: Xistra de Coruxo – Tres Nun

Programa: 
Rumboia

Xistra de Coruxo non só se adica a interpretar música galega, vai un pouco máis aló pois un dos seus obxectivos fundacionais é o estudio e a divulgación dos difrentes eidos que integran a cultura tradicional de Xistralia: a parte galego-minhota de Galiza.XISTRA DE CORUXO aparece no panorama artístico en 1988 e foi catalogado como o grupo que mellor trata a evolución musical dentro dos parámetros marcados no eido da tradición galega e o que aporta máis novidades de repertorio, debido fundamentalmente ao seu abondoso arquivo de gravacións de campo realizadas nos derradeiros trinta anos por Xerardo F. Santomé. No ano 2003 publican o seu traballo discográfico Tres Nun.