RUMBOIA 96: A Requinta de Xian – Feita en Riobó

Programa: 
Rumboia

A Requinta de Xián nace, na parroquia de Lestedo, en Boqueixón, coa firme intención de rescatar todo o material posible sobre a requinta e seus intérpretes. Para recuperar esta fermosa formación e este instrumento único que, desde o ano 1900 ata o comezo da Guerra Civil, eran habituais grupos de renome como “Os Airiños da Ulla”, “A Requinta de Carcacía” “Os Cristobos de Arnois” nas festas e romarías populares. Nestas agrupacións convivían a gaita ou gaitas coas requintas e percusión, pero o prestixio levábao o requinteiro, que se convertiu na grande figura do espectáculo. O Grazas a grupos como “A requinta de Xian”, as terras da Ulla, cheas de tradicións e actividade cultural, recuperan un dos sons máis característicos do lugar: o da requinta. No ano 2011 editan o seu segundo disco que levou por nome Feita en Riobó