Senlleiras

Programa: 
Club de lectura

Dúas historias de violencia de xénero, unha que comeza no ano 1913 e outra que acontece no 2017, un século despois. Historias duras, unha delas comeza cando a protagonista era pequena. Pasan os anos e a violencia segue instalada na nosa sociedade. Diso fala “Senlleiras” de Antía Yáñez. Falamos desta obra no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión coa autora e coa participación de Henrique Sanfiz, Andrés C.M.Riveira e Tatty Lavandeira.