Trece avisos. Contos para ler pola noite. Paula Carballeira

Programa: 
Club de lectura

“Aos nenos e as nenas hai que darlles as ferramentas para loitar contra os medos. Esas ferramentas entran moito mellor se lles estás falando do propio medo. Asustalos por asustalos é absurdo. Estamos moi afeitos a iso polas películas norteamericanas que realmente é o susto e pouco máis pero si hai algo máis, un motivo, unha pequena explicación xa estás dando as ferramentas para que a rapazada busque as palabras e as historias para darlles forma aos medos e poder combatelos”. Así se refire Paula Carballeira aos medos, presentes na súa obra de literatura infanto-xuvenil Trece Avisos.Contos para ler pola noite no clube de lectura de Radiofusión.