Vilanova

Programa: 
Vilanova

Empezan a aparecer estudos sobre como funcionou o teletraballo ao que nos vimos abocados a causa da pandemia da Covid19. “Interesantes estudos como un realizado en Chile ven concluir que diminuiu o vínculo do traballador con respecto á empresa” afirma Barcia. Tamén que as empresas non deron pautas, non puxeron en práctica o seu liderazgo e nós tivemos que aprender a autoliderar. O caso é que a maioría das empresas non contemplaba a posibilidade do teletraballo antes desta crise sanitaria. “Agora que nos vimos obrigados, demostrouse que non estábamos preparados”. Tamén é certo, engade Barcia, que as circunstancias non eran as máis acaídas porque tivemos que teletraballar conciliando cos fillos e fillas na casa e cunha gran incertidume e tensión emocional. “Era a primeira vez eon ambiente era conflictivo. As xornadas laborais prolongábanse en exceso en relación ao tempo de traballo”.