Vilanova

Programa: 
Vilanova

Semella que os centros escolares resistiron a pandemia bastante mellor do que se esperaba. Só o 2% dos centros a nivel de todo o Estado están confinados. Se miramos atrás e vemos a inquedanza que había ao comezo do cursoo escolar o resultado é bo. Esta reflexión fai o psicólogo José Barcia no espazo Vilanova tras ler as manifestacións da ministra Isabel Celá no sentido de extremar as precaucións ao final deste primeiro trimestre no que os centros educativos resistiron moi ben. Barcia entende que as recomendación refírense a poñerse en garda cada vez que existe un cambio, neste caso os nenos e nenas cambian a estancia de moitas horas nos centros polos domicilios. Os expertos falan de dúas vías de éxito:

. Os nenos contaxian e contáxianse menos que os demais.

. O celo nas medidas de control e restricións dentro dos colexios está funcionando.

“Abrir os centros escolares todo o curs, a educación presencial, axuda a conservar certo nivel de normalidade e iso axuda a manter certo equilibrio emocional”. Sobre o cumprimento das normas sanitarias, Barcia chama a nosa atención nunha cousa. Cando nos cruzamos con persoas que incumpren as normas, decimos: “así non vamos a ningures” Sempre, afirma o psicólogo, focalizamos a situación niso pero a realidade é que o resto das persoas sigue as normas. “É como o do vaso medio baleiro e medio cheo”.