Vilanova

Programa: 
Vilanova

Aproveitando esta data tan sinalada nos EEUU e a figura de Trump, o psicólogo José Barcia quixo falarnos de caracteres, temperamentos, personalidades e liderazgos, conceptos que non significan o mesmo, en palabras de Barcia, que distingue carácter de personalidade. O noso carácter márcase a lume na adolescencia para logo ir matizándose. Afirma Barcia que o carácter forma parte da personalidade. O temperamento ten máis que ver con rasgos personais herdados, derivados mais ben da xenética. Existe unha identidade individual, canto vivimos a nosa personalidade, e unha grupal, como un líder é capaz de modificar o comportamento dun grupo de persoas que esquencen a súa vontade individual para formar parte doutra identidade.