Violencia no fútbol e ascenso da ultradereita

Programa: 
Vilanova
A deportividade debe primar no fútbol

No escenario poscrise a violencia volve ao fútbol e de xeito simultáneo a ultradereita levanta cabeza tanto no vello como no novo continente. Foi parte esencial na campaña do brexit, a separación do Reino Unido da Unión Europea. Tomou o goberno ou ten unha importancia significativa en Polonia, Chequia, Eslovaquia e Hungría. Foi unha peza clave para o golpe de estado en Ucrania e en Grecia o partido neonazi Amencer Dourado é o cuarto grupo do Parlamento. En Alemania a ultradereita volveu ao Parlamento en 2017 e en Francia, Marine Le Pen é un referente internacional. E Donald Trump chegou á presidencia do país máis poderoso do mundo contando entre as súas filas con recoñecidos ultras.

A búsqueda da tranquilidade lévanos a botarnos a durmir no colo da mentira. En términos estrictos, fascismo, nazismo e ultradereita non son o  mesmo.

Segundo explica Daniel Bernabé no libro “La trampa de la diversidad”, o fascismo foi a reacción ao movemento obreiro que sacudiu Europa durante as décadas dos anos vinte e trinta do século XX co obxectivo de frear a revolución. Organizado en torno a partidos paramilitares, autoritarios e coa presencia dun líder-caudillo, foi tolerado polas institucións e financiado por grandes industriais e banqueiros. As apelacións a clase traballadora eran permanentes, pero nunca para contrapoñela á burguesía, senón para incluila nun proxecto onde a nación e o imperio eran os entes totalizadores que daban un destino común aos grupos sociais.

O xornalista Bernabé explicao deste xeito:

 

         A ultradereita tivo auxe en todo Occidente desde o inicio da crise financieira de 2008, o cal, como vimos, non significa que houbera desaparecido desde o fin da Segunda Guerra Mundial. As causas son varias, pero comunmente se citan o descrédito da democracia como sistema político subiugado polos intereses económicos, a globalización e a súa ruptura de identidades individuais e comunitarias, o retroceso do movemento obreiro desde o inicio da restauración neoconservadora, a entrega total da socialdemocracia ao libre mercado e, menos a miudoo pero con igual importancia, a deriva posmoderna que fixo dos movementos críticos contemporáneos unha ferramenta inútil para os problemas cotiáns da xente, efectivamente, a trampa da diversidade.