Tal e como salientaba a Comisión Europea en 2018 (1) os sectores culturais teñen un importante papel que xogar na transición das nosas sociedades, e están no centro da nova economía creativa. Esos sectores son intensivos en coñecemento e se basan na creatividade individual e o talento, pero tamén na cooperación e na tradición asociativa, xeneran riqueza económica e forman a identidade, cultura e valores galegos, o noso xeito de ser europeos.

Esa é unha das liñas de traballo de Son Radiofusión desde a súa criación en 2011. Pero nesta situación complicada de crise, queremos colaborar a restañar os danos económicos que no sector do teatro e da cultura deixou o COVID 19. A  recuperación deberá estar guiada pola dixitallización e a sostenibilidade ambiental.

Galiza necesita ademáis de cohesión territorial. Por iso a difusión da nosa actividade a través de Internet facilitará o acceso a estes produtos culturais desde calquera punto do mundo. Precisamos ter en conta que os audiovisuais, a literatura e a radio son parte importante dos sectores culturais de futuro segundo o programa Europa Creativa 2014-2020. 

 

(1) Informe da Comisión Europea. O papel das políticas públicas no desenvolvemento do potencial empresarial e da innovación dos sectores culturais e  creativos (2018)