Concurso para iluminación e decoración

Concurso para iluminación e decoración
29 de Decembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Veciños e veciñas de Fene piden a convocatoria dun concurso sobre a decoración das casas nas festas. Consideras importante un certame desas características? Deixa aquí a túa opinión sobre o tema.

Casa iluminada en Barallobre. Fotografía Marta Permuy

Por exemplo, o Concello de Valadouro convoca un concurso no que poden participar todos os veciños e veciñas da localidade que desexen colaborar coa decoración de adornos e luces nas súas ventás, balcóns ou fachadas, tanto en casas, como edificios, como pisos… coa única condición de que a decoración sexa visible dende a rúa. A decoración debe gardar relación directa cos motivos de Nadal e non ten que causar ningún perigo nin prexuízo para as persoas e os bens. Quedan excluídas as fachadas dos establecementos e comercios por ter un concurso das mesmas características para eles. Trátase dunha iniciativa que parte co obxectivo de ilusionar ós veciños e veciñas nun proxecto decorativo do Valadouro, implicándoos na ornamentación de balcóns, ventás e fachadas con luces e adornos de Nadal, co fin de contribuír ó ambiente festivo do concello, promover a creatividade.

 

Imaxe: Casa iluminada en Barallobre. Fotografía Marta Permuy

Sociedade

Comentarios

Estaría moi ben que fixerades un concurso. Unsaudo
Nome: 
Marta

Publica o teu comentario agora