Descubrimos a Bitter Cans

O grupo ferrolán empeza a dar síntomas de seriedade musical e de reservarse un sitio no panorama musical galego
27 de Setembro, 2019 - 11:16 h. | Publicada por Radio Fene

Os Bitter Cans visitaron os estudos de Radio Fene esta mañá. O sabado 28 actúan na Cantina do Pote de Maniños (Fene). Contaronos quen son e cantaronos dous temas que poden escoitar aquí.

ESCOITA O PODCAST:

A cantina do Pote de Maniños acolle na noite do sabado 28 de setembro un concerto en acústico de Bitter Cans, un grupo nacido hai arredor de dous anos e que presenta dous formatos, o acústico, con Andrés Díaz, Francisco López, Luísa Pita e Juan Cabana. E outro máis amplo no que engaden a percusión e o teclado. Co primeiro adáptanse a lugares máis reducidos e co segundo actúan en escenarios máis amplos. Mañá á noite en Maniños escoitaremos o acústico.

Bitter Cans conta cun repertorio propio que xa reúne uns 14 temas e por iso xa empezan a buscar a oportunidade de gravalos, en palabras da voz do grupo, Luísa Pita. Temas propios que fabrican entre todos pero tamén afrontan versións doutros músicos nas actuacións en acústico como a de mañá na cantina do Pote de Maniños. A súa música bebe de todo un pouco como o propio grupo, integrado por mestres, un zapateiro ou un comerciante.

Soan moi ben, tal e como poideron comprobar quenes asitiron este ano ao seu concerto nas Meninas de Canido (Ferrol) ou quen escoite os dous temas que cantaron a primeira hora desta mañá nos estudos de Radio Fene: "Pequenos detalles" e "Batallas perdidas". Non é necesario preguntar por que cantan en galego.

Quen canta e toca así, ás 8 da mañá, ten o ceo gañado.

Cultura

Comentarios

Foi para nós un auténtico pracer. Graciñas!
Nome: 
Juan Cabana

Publica o teu comentario agora