ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unhas xornadas sobre a romanización celebraránse o sábado 27 no centro de interpretación de Caldoval en Mugardos. O profesor de Arqueoloxía da Universidade de Vigo Fermín Pérez Losada disertará sobre A vila romana de Noville, 30 anos despois. O profesor Pérez Losada dirixiu en 1998 as excavacións de Noville, utilizando daquela técnicas xeotérmicas polo que constituiu naquel momento unha experiencia pioneira en Galicia. As catas realizadas só afectaron ao 15% do xacemento pero permitiron reconstruir unha vila habitada entre os séculos III e VI despois de Cristo.
Ademais de Fermín Pérez Losada, intervirán nas xornadas de Caldoval o investigador David Fernández Abella e o xefe do servizo de Arqueoloxia da Xunta de Galicia Robero Pena. Para rematar haberá un debate moderado pola arqueóloga Susana Ricart, directora das excavacións de Caldoval. A xornada pretende afondar no coñecemento de restos arqueolóxicos de Meá e de Noville, importantes para afondar no modo de vida e na actividade que desenvolveron os romanos na zona.
Publica o teu comentario agora