Destino cercano

Destino cercano
12 de Maio, 2020 - 11:17 h. | Publicada por Radio Fene

O sector turístico quere poñerse en marcha con garantías, a primeiros de xuño. O destino cercano quizás salve o verán a axencias como Zafiro Tours de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

A axencia de viaxes de Fene, Zafiro Tours, agarda abrir as portas a primeiros de xuño, pero de momento non teñen noticias de cando volverá para eles certa normalidade. “Tratáronnos como un comercio normal pero se non hai tráfico aéreo nin hoteis, que vendemos? pregúntase Ana Rodríguez Loureiro. Na porta da súa axencia hai un número de teléfono e un correo para atender aos clientes que van cancelando as viaxes que tiñan encargado para o mes de maio, viaxes que Ana vendeu a primeiros de ano, entre xaneiro e febreiro. A xente quere recuperar os cartos pero hai que ir a modo, segundo se vai confirmando a imposibilidade de realizar as viaxes previstas, nos explica. Tamén se van cancelando as viaxes do IMSERSO, apunta. O programa “Elixe Galicia” previsto pola Xunta para o Xacobeo 2021 tamén quedou varado.

"Será maravilloso viajar hasta Mallorca, sin necesidad de tomar el barco o el avión, siempre caminando, en bicicleta o auto stop" dicía a canción de Los Mismos en 1968.   "As previsións dos hostaleiros son poder activar a primeiros de xullo o turismo na península. A xente quere investir en seguridade e estar máis tranquila. Por iso, cre Ana, que a península, as Canarias e Baleares, serán os destinos deste verán. “Mesmo teñamos noticias sobre a mobilidade, abrimos” afirma taxante Ana Rodríguez Loureiro, a pesar da incertidume que a invade a ela e a todo o sector turístico. E engade, “a cousa é saber o que podo vender, non vou marear á xente con cousas sen garantía”.

Cando preguntamos como levou persoalmente o confinamento, Ana danos unha grata sorpresa, foi nai hai uns meses e declara “con este xoguetiño vouno levando”.

Cultura

Comentarios

Nem de conha!
Nome: 
Teresa Nomchi

Publica o teu comentario agora